Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Pedagoxía social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (detección de coñecementos previos, motivacións...), así como a presentar a materia.
Traballos de aula Exercicios ou proxectos que os/as estudantes desenvolven na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do estudante.
Traballos tutelados Os/as estudantes, en grupo, elaboran un documento e/ou investigación sobre a temática da materia. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc.
Saídas de estudo/prácticas de campo Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense en espazos non académicos exteriores.
Entre elas pódense citar prácticas de campo, visitas a eventos, centros de investigación, empresas, institucións, etc., de interese académico-profesional para o/a alumno/a.
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dos resultados do traballo tutelado. Levarase a cabo en grupo.
Obradoiros Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte da profesora ás actividades individuais e/ou de grupo que desenvolven os estudantes.
Titoría en grupo Entrevistas que o/a alumno/a mantén co profesor da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000