Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Historia da educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Cada alumna/o realizará un traballo individual de curso, en base aos contidos da materia obxecto de estudo, tutelado pola profesora e coa posterior defensa e explicación ante a profesora nas sesións titoriais. 30
Presentacións/exposicións Cada grupo pequeno de alumnado (3 a 5 persoas), realizará un traballo grupal de curso, en base aos contidos da materia obxecto de estudo, tutelado pola profesora e coa posterior exposición/presentación á clase por parte de cada grupo. 30
Probas de resposta curta Proba para avaliar as competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado debe responder de maneira directa e breve en función dos coñecementos que teñan sobre a materia. 30
Cartafol/dossier Cada alumna/o elaborará un documento que recompile información sobre as experiencias,o temario da materia, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

  1. As cualificacións indicadas en termos porcentuais no cadro supra son as máximas que se poden alcanzar en cada un dos apartados.
  2. O sistema de avaliación referenciado supra, está dirixido ao alumnado de carácter presencial. É requisisto imprescindible para ser considerado alumno presencial, a asistencia e participación mínima nun 80% das clases do grupo-clase e a asistencia nun 80% ás clases de grupo mediano (GM).
  3. Para superar a materia, o alumnado presencial deberá superar todas as probas referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada un dos aspectos avaliables.
  4. Considerarase alumnado non presencial aquel que non cumpra o 80% da asitencia especificada no punto nº 2 ou aquel que opte por esta modalidade, a condición de que llo comunique á profesora na primeira quincena de impartición da materia.
  5. O sistema de avaliación para o alumnado non presencial consistirá nunha proba escrita de resposta curta (cunha valoración máxima do 80%) e nun traballo individual tutelado (cunha valoración máxima do 20%) pola profesora e definido en base aos contidos e obxectivos da materia.
  6. Para superar a materia, o alumnado non presencial deberá superar as dúas probas referidas, obtendo unha cualificación mínima do 50% en cada unha delas.
  7. EXAMES: DATA EXAME 18 MAIO 2015 E DATA REVISIÓN 9 DE XUÑO 2015// DATA EXAME CONVOCATORIA XULLO: 1 XULLO 2015 E DATA REVISIÓN 16 XULLO 2015

    - Segunda convocatoria (xullo): Mantéñense as competencias/probas superadas e só examinaranse das non superadas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000