Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Historia da educación social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos de aula Lectura individual de textos escritos (e visionado de material visual e audio-visual) seleccionados pola profesora e identificación das ideas principais e secundarias do texto; posterior debate en pequeno e mediano grupo sobre o tema.
Traballos tutelados Planificación do traballo de grupo (excepcionalmente individual), pautas básicas para o seu desenvolvemento e seguimento continuo durante a súa realización.
Actividades introdutorias Presentación da materia, da metodoloxía de traballo e do sistema de avaliación por parte da profesora. Planificación das actividades e pautas para o seu desenvolvemento e posta en común co alumnado.
Presentacións/exposicións Exposición dos traballos realizados en pequenos grupos, ante a profesora e o grupo de alumnado da clase.
Sesión maxistral Exposición pola profesora dos contidos fundamentais da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000