Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Historia da educación social
   Contidos
Tema Subtema
1. Introdución á historia da educación social.
1. Precisións conceptuais e metodolóxicas. Presentación de contidos, metodoloxía, modelo avaliativo e actividades da materia.
2. O proceso de construción do concepto actual de infancia e xuventude. 2. A conquista do estatuto actual de infancia. A moderna percepción social do neno. A educación nas políticas sociais da modernidade.
3. As políticas sociais da modernidade. 3. O novo concepto de pobreza. Programas e institucións para a educación e integración social da infancia marxinada. Da política social de Luis Vives á política social ilustrada.
4. As políticas sociais contemporáneas: do estado liberal aos novos estados do benestar.
4. A acción socioeducativa do estado liberal. Problemática e intervención socioeducativa no campo da delincuencia, o abandono e o traballo infantil e xuvenil. Da beneficencia aos mecanismos modernos de previsión e asistencia social. O movemento de protección á infancia e a creación dos tribunais específicos para menores
6. As primeiras iniciativas da animación socio-cultural e o desenvolvemento. 6. As iniciativas de finais do século XIX e comezos do XX. A acción socioeducativa da II República. As experiencias da época franquista.
7.Achegamento histórico á educación de adultos. 7. A educación de adultos no século XIX. Iniciativas e institucións de educación de adultos de carácter non formal: extensión universitaria, universidades populares, misións pedagóxicas,escolas de artes e oficios, campañas de alfabetización e de capacitación profesional...
8.Perspectivas actuais da educación social. 8. Iniciativas, prácticas e institucóns no ámbito da educación social. Sectores emerxentes para a educación social.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000