Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Educación permanente
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O alumnado desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do alumnado. 20
Traballos tutelados O alumnado, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... 10
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
<br><br>
20
Probas de resposta curta Avaliación dos resultados da proba realizada. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
7. Avaliación dos procesos e resultados de aprendizaxe. Criterios de avaliación da Materia para o alumnado matriculado.

-Prégase obrigatoria a entrega á profesora da ficha persoal, coa foto correspondente, durante a primeira quincena de clase, (notificando a metodoloxía a seguir). Isto significa o compromiso serio e formal coa Materia dende o inicio do cuadrimestre. En caso de non presentarse no prazo fixado, entenderase que o alumnado non se presenta a esa convocatoria. A modo excepcional e xustificado (con documentación acreditativa de traballo) o alumnado que non asista a Materia seguirá outra metodoloxía marcada e establecida dende o inicio do curso, os quince primeiros días, consensuado coa profesora e seguindo as titorías básicas establecidas.
-Pasos que hai que ter en conta nos traballos de grupo e individuais na aula: constitución de grupos de traballo, elección dos temas, calendario xeral de exposicións, seguimento do traballo a través de titorías mantidas entre o grupo correspondente e a profesora, tanto a exposición oral como a presentación teórica, así como aqueles elementos de valoración da exposición do traballo. De aí que o seguimento titorial é obrigatorio e beneficioso para o alumnado.
-Á hora de entregar os materiais fixados e traballados polo alumnado durante o cuatrimestre (rexistros varios, artigos, comentarios de libros, traballos de grupo, materiais informáticos, etc.) recoméndase o seguinte:
-O cumprimento dos prazos de calendario establecidos para presentar os materiais. Ditos materiais entregados serán orixinais (non fotocopias, nin baixados de internet directamente (isto é inadmisible). Se precisa unha reflexión e traballo previo dos mesmos).
-O coidado da expresión escrita e a coherente descripción das reflexións realizadas.
-A referencia completa das fontes documentais (libros, revistas, prensa, lexislación, webs, etc.), aténdose ás normas bibliográficas internacionais APA (ver web correspondente): autor-autora, ano, título, lugar, editorial, número de edición.
-Na portada dos traballos figurarán os seguintes datos: título, nome e apelidos, universidade, facultade, titulación, campus, materia, profesora, curso, ano académico, etc.
-Nalgunha fotocopiadora próxima a esta Facultade, elexida polo grupo-clase, iranse depositando os materiais-base de traballo relacionados coa Materia. Ademáis dos materiais colgados na plataforma Faitic.
-O uso do correo electrónico é para solucionar cuestións puntuais e extraordinarias (fáciles de solventar nesta vía). Intentarase responder no plazo mais breve posible. Sempre que sexan correos con “Asunto encabezado” e dentro dos plazos establecidos. Non se atenderán correos en época non lectiva.
-O respecto os compañeiros, a escoita na aula, o saber comportarse. Na aula non se usa o móvil. A aula non é un espacio para comidas e bebidas. Na aula non se entra e sae por doquier,…. Son requisitos imprescindibles de educación que son parte da formación universitaria e da ciudadanía. A función da docente é impartir e asesorar a materia, non estar chamando a atención constantemente por falar o comportarse inadecuadamente. Ante estas actuacións se tomarán medidas pertinentes.

7.1. Criterios específicos de avaliación para ALUMNADO ASISTENTE
Concedemos a este proceso avaliativo o carácter de inicial, continuo, formativo e sumativo. Para iso establecemos os catro seguintes pasos obligatorios a cumplir:

7.1.1.- Asistencia e participación nas sesións metodolóxicas de clase, teóricas e prácticas (lectura de textos recomendados e implicación en diversas actividades programadas e desenvolvidas). Concretaranse días de presentación e análise dos materiais reflexionados (lectura, análise e comentario de textos traballados). É básica a puntualidade as sesión de clase.
- Traballos de grupo iniciados na aula. Estes temas concretaranse e consensuaranse durante as sesións de clase.
- Traballos individuais iniciados na aula. Lectura de materiais varios e a súa intervención pedagóxica. Presentarase as orientacións por escrito, expoñendo a súa reflexión e vinculación con esta Materia. Estableceranse prazos de entrega consensuados.

Advertencia: o alumnado que, por motivos xustificados non poida asistir a algunha sesión de clase concreta, deberá suplir dita ausencia mediante un traballo personal do realizado o día seguinte.

7.1.2.- Exame. As datas estarán expostas en zonas de información e webs sobre o calendario de exames nesta Facultade. É básica a puntualidade.

-Igualmente, se avisará oportunamente na plataforma sobre as datas de revisión das notas.

A superación da Materia implica ter alcanzado o aprobado en cada un destes dous apartados (5 puntos). Se non se consegue esta puntuación, suponse que non se lograron os obxectivos mínimos da Materia na súa totalidade.

Según o acordo adoptado en Xunta de Centro:

a)-De non ter superada a Materia, as competencias non adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo.

b)-Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non as clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.



7.2. Criterios específicos para ALUMNADO NON ASISTENTE con xustificación debida (contrato de traballo). Cuestións importantes:

-O alumnado, que por motivos xustificados (se encontre traballando) desde o inicio do curso, os quince primeiros días, seguirá un sistema de titorización individualizado coa profesora a partir de todo o exposto neste Programa da Materia, se concretará a principios de curso, notificándoo na ficha personal tamén, establecéndose o seu seguimento durante todo o cuadrimestre.

-Este alumnado, suplirá el apartado (7.1.1) da avaliación correspondente a Asistencia e participación elaborando un Dossier o Memoria da Materia con todo o material traballado na aula durante o cuatrimestre e seguindo as indicacións neste Programa (ver contidos e esquema explicativo da traxectoria). E tamén realizará o examen, apartado (7.1.2). Todo isto previo consenso coa profesora en sesións de titoría e durante as primeiros días do inicio da Materia. É moi importante ter en conta estas puntualizacións expostas para a superación desta Materia.


8. Avaliación do proceso docente

8.1. Valoración do alumnado
O alumnado valorará a dinámica da Materia, ben a través dun cuestionario elaborado expresamente pola profesora, e tamén a través da enquisa confeccionada por esta Universidade.
8.2. Valoración do profesorado e decisións de cambio
Ante as suxestións de cambio manifestadas polo alumnado nestes cuestionarios, e tamén desde a traxectoria da Materia no presente curso, a profesora prestará a debida atención, si procede, para mellorar e retroalimentar o novo enfoque desta disciplina de cara ao seguinte curso académico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000