Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Recursos tecnolóxicos en educación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado desenvolverá de xeito individual e/ou grupal diferentes exercicios para ampliar os contidos teóricos da materia.
A entrega é requisito facela en formato impreso ou dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo que se sinale no seu momento.
Para a súa cualificación terase en conta a fundamentación axeitada na que se apoia a realización destes exercicios ou problemáticas, a capacidade crítica e a proxección práctica amosada desde a oportnuna fundamentación. Ata 1,5 puntos.
Ata 15
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado, en pequenos grupos, dun traballo sobre un tema da materia concretado ao inicio coa profesora. O seu desenvolvemento estará dirixido, fundamentalmente, a ampliar os contidos de tipo teórico da materia enlazándoos oportunamente cos prácticos. Na sua realización e presentación participará todo o grupo e para a súa exposición apoiaranse en medios tecnolóxicos e dixitais con estratexias de tipo activa.
Para a súa cualificación terase en conta a pertinencia da estrutura do traballo, calidade do contido exposto, así como o interés provocado no debate tanto por cada membro do grupo como no seu conxunto, e as posibles respostas as cuestions planteadas pola profesora. Ata 1,3 puntos.
Ata 13
Traballos tutelados Unha vez concretado o tema de traballo en grupo, o alumnado pasaralle a profesora o borrador inicial, no que dará contas dun primeiro esbozo sobre o realizado, co obxecto de profundizar no contido teórico da materia enlazando oportunamente co práctico.
Na súa cualificación terase en conta a implicación axeitada amosada como membro dun grupo e do traballo solicitado pola profesora ante o asesoramento facilitado de xeito presencial e/ou online. Ata 0,20 puntos.
Ata 2
Prácticas de laboratorio O alumnado desenvolverá o groso das respectivas práctica de laboratorio ante a presenza da profesora na aula, implicándose oportunamente na marcha da clase. Este seguimento pola profesora faráse con técnicas baseadas na observación directa, focalizándoa no proceso de elaboración das prácticas dentro da aula. Nesta observación semanal feita de xeito sistemático, terase en conta o desenvolvemento do proceso de aprendizaxe e a adquisición de competencias polo alumnado atendendo ao seu progreso, calidade técnico-didáctica das prácticas realizadas, seguimento das pautas sinaladas pola profesora combinadas oportunamente coa iniciativa propia, creatividade e responsabilidade asumida, coa adecuación dos resultados acadados.
É requisito facer a entrega en formato dixital e dentro do prazo apuntado no seu momento pola profesora. Ata 6 puntos.
Ata 60
Cartafol/dossier O alumnado deseñará técnica e didacticamente, desde a parte práctica, baixo o asesoramento da profesora, un portafolio dixital (eporfolio) para recoller e presentar a totalidade do traballo desenvolto na materia, aportando as evidencias e os produtos obtidos ao longo do curso.
É requisito facer a entrega en formato dixital (segundo o indicado oportunamente pola profesora) e dentro do prazo que se sinale no seu momento para cada contido desenvolto.
Para a súa cualificación terase en conta a coherencia e claridade da estructura, así coma a calidade técnico-didáctica acadada. Ata 1 puntos.
Ata 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Para superar a materia todo o alumnado terá que aprobar independentemente a parte TEÓRICA (cun mínimo de 1,5 puntos) e a PRÁCTICA DE LABORATORIO (cun mínimo de 3,5puntos). No reparto corresponden ata 7 puntos ás prácticas de laboratorio e ata 3 á parte teórica da materia. Os estudantes que participen na marcha da clase teórica e das prácticas, ou nalgunha delas, contarán cunha avaliación diversificada e continua de carácter formativo en ambas ou nunha parte. No caso de superar só unha parte da materia (teórica ou práctica) conservarase a súa cualificación dentro do mesmo curso académico, ainda que en 1ª convocatoria na Acta académica calificaranse como non apto en función da media obtida.

- Para ser calificados/as a través da avaluación continua requírese a asistencia do alumnado, ó menos, ó 80% das sesións prácticas e teóricas respetivamente. Outras situaciones excepcionais que merezan un trato específico analizaranse no seu momento.

- Aqueles estudantes que acudan a clase, pero que non cumpran coas esixencias e calidade requiridas para superar os extremos xa descritos para a avaliación continua ou que por decisión propia se presenten ao exame oficial de 1ª ou 2ª concocatoria (sobre entendese que renuncian a calificación da avaliación continua) ou aqueles que non sexan asistentes poderán obter ata un máximo de 3 puntos no exame teórico (preguntas de desenvolvemento medio-curto) e deberán acadar un mínimo de 1,5 puntos para computarllos co exame que teñen que facer sobre as prácticas de laboratorio, no que tamén deberán dispor dun mínimo de 3,5 puntos sobre 7 para realizar a referida suma. No caso de superar unha parte da materia (teórica ou práctica) conservarase a súa cualificación dentro do mesmo curso académico.

- As datas de realización do exame final-oficial, que desenvolverá obrigatoriamente o alumnado non asistente para superar a materia, e a súa revisión (opcional) serán as que figuran no calendario de exames da Facultade, a consultar na Web: http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php. Esta revisión está prevista de 13:00-14:00 horas, se por circunstancias sobrevidas fose necesaria facer un cambio de hora comunicaríaselle o alumnado no momento de sacar o listado de calificacións. O lugar de publicación das cualificacións será no taboleiro de anuncios do despacho da profesora responsable e/ou na Plataforma Tema_Faitic ou en calquera outro espacio dixital que se comunique.

OBSERVACIÓN: Esta guía docente anticipa as liñas de actuación que se levarán a cabo co alumno/ada materia, concibíndose con certa flexibilidade; en consecuencia,pode requirir algunha rectificación promovida polo grupo de destinatarios real ou pola relevancia de situacións sobrevidas. Así mesmo, aportaráselle ao alumnado a información e pautas concretas que sexan necesarias en cada momento do proceso formativo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000