Resolución de problemas e/ou exercicios |
Formulación, análise, resolución e debate de problemas e exercicios teóricos/prácticos sobre aspectos do temario de especial relevancia e/ou dificultade. |
Traballos tutelados |
Realización en equipo dun traballo de investigación socioeducativa que implique unha planificación do proceso e a súa execución mediante a recollida, análise e interpretación dos datos, así como a elaboración dun informe con táboas, gráficos e estatísticas obtidos mediante o paquete estatístico SPSS para Windows e unha proposta de programa de intervención socioeducativa. As pautas e actuacións seguidas polo grupo na realización do traballo rexistraranse nun diario de grupo que, ademais, inclúa os tempos nos que se realiza cada tarefa. |
Titoría en grupo |
Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
|
Proxectos |
Realización de actividades que permiten a cooperación de varias materias e enfrontan aos alumnos, traballando en equipo, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais. |