Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas externas Aplicación de diferentes probas para a análise do desenvolvemento cognitivo a nenos de entre 3 e 7 anos. 5
Obradoiros Aplicación e análise de materiais. Avaliarase a asistencia e a entrega dos resumos correspondentes. 5
Probas de resposta curta Control parcial a principios do mes de novembro (30%) e control parcial a final de cuadrimestre (30%) correspondendo co exame oficial final. O alumnado que non superase o primeiro control examinarase de toda a materia no exame final. 60
Cartafol/dossier Dossier que recolle todas as prácticas e traballos realizados durante a materia. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que se presente á convocatoria do primeiro periodo realizará o exame de resposta curta coa data prevista e presentará o cartafol con todas as prácticas da materia (prácticas de aula, prácticas externas, traballos e resolución de casos prácticos).

O alumnado que xa superase unha parte (teórica ou práctica) só se examinará no mes de xullo da parte suspensa.

O alumnado non asistente ás clases presenciais terase que pór en contacto co profesor antes do 1 de outubro para acordar o sistema de titorización das prácticas externas, obradoiros, elaboración do cartafol e explicación do exame, así como o seguimento do progreso da materia. Esta titorización poderá ser presencial, telefónica ou por e-mail.

A ponderación da avaliación dos alumnos non asistentes será igual á dos alumnos asitentes, cambiando a metodoloxía dos obradoiros para adaptarse ás circunstancias persoais e favorecer así o proceso de ensino aprendizaxe.

Datas dos exames:

Primeiro periodo: 17 de decembro de 2014 ás 16:00 horas. Revisión no despacho do profesor o 29 de xaneiro.

Convocatoria de xullo: 3 de xullo de 2015 ás 16 horas. Revisión no despacho do profesor o 16 de xullo.

Convocatoria fin de carreira: 17 de outubro ás 16:00 horas. Revisión no despacho do profesor o 4 de novembro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000