Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliación das actividades desenvolvidas polo estudante no aula tales como
exposicións, análises de casos, debates, etc. sobre contidos da materia ou dos
resultados dun traballo, exercicio, proxecto, etc. Pódese levar a cabo de xeito
individual ou en grupo.
20
Probas de tipo test Probas que inclúen preguntas pechadas con varias alternativas de resposta.
30
Cartafol/dossier Cartafol que inclúe de forma sistematizada un conxunto de documentos e evidencias
realizados polos estudantes de forma individual e colectiva que son indicadores de cal foi o seu traballo respecto das actividades da materia no que debe
mostrarse dominio suficiente dos contidos, relacións significativas entre os contidos e debe estar expresada de xeito sistematizada e coherente.
20
Informes/memorias de prácticas Realización de informes das actividades prácticas nos que se desenvolvan, relacionen, organicen os coñecementos e se presenten conclusións propias dos estudantes sobre as mesmas.
30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para optar á avaliación continua esíxese a asistencia regular de, polo menos o 80%, das sesións de clase, traballos tutelados e titorías de grupos.

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da cualificación de cada apartado.

Aqueles estudantes que non superen algunha das probas de avaliación poderán recuperalas nas datas oficiais correspondente á segunda avaliación, no mes de Xullo.

No caso de que algún estudante non poida seguir a avaliación continua e o traballo en grupo titorizado polas docentes realizará unha proba de contidos teóricos sobre a materia, que suporá un 50% da nota, un comentario sobre una monografía, 20% e un traballo teórico-práctico, ao que lle corresponderá o 30% da cualificación final. Para superar a materia será preciso que os estudantes obteñan en cada unha das partes (teórica e práctica) un 50% da cualificación total das mesmas.

 As datas para a realización dos exames serán as mesmas que os estudantes de avaliación contínua.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'exames 2014-15'

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000