Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
 Materias
  Didáctica da Tecnoloxía e Informática na Educación Secundaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Asistencia regular a clase.
Puntualidade.
Axustase a temporalidade prevista.
Utilización da terminoloxía axeitada .
Axustarse aos criterios de avaliación de cada actividade prevista.
Aplicación de ferramentas TIC
Manexo de técnicas e métodos da especialidade.
30
Presentacións/exposicións Tratamento e profundidade dos contidos teóricos aplicados a práctica.
Emprego axeitado de termos relacionados coa materia.
Entrega en prazo das actividades.
Traballo en equipo se fose o caso.
Defensa do traballo desenvolvido.
Contempla os criterios previstos na comunicación da actividade.
Segue un orde na presentación.
30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Calidade e coherencia do conxunto de contidos.
Uso de bibliografía.
Entrega en prazo.
Contempla os contidos da materia.
Estrutura interna dos documentos.
10
Traballos e proxectos Calidade e coherencia do conxunto de contidos.
Uso de bibliografía.
Entrega en prazo.
Contempla os contidos da materia.
Estrutura interna dos documentos.
20
Estudo de casos/análise de situacións Exposición de forma ordenada
Orixinalidade nas presentación
Aplicación de ferramentas TIC
Manexo de técnicas innovadoras
Utilización da terminoloxía axeitada.
Defensa do traballo desenvolvido.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Observacións:

- Este mestrado ten a modalidade
de ensino presencial, polo tanto a asistencia a clase e a realización do
traballo para a avaliación continua é obrigatoria. Por causas
xustificadas está permitido faltar ata 20% das sesións presenciais.

- Os prazos das entregas das
actividades, traballos, etc. serán comunicados polas profesoras na clase
e é necesario cumprilos para ser cualificados na avaliación continua.

- O alumnado que non supere a
materia por avaliación continua terá unha proba escrita na data que
marque o calendario do mestrado para os exames oficiais (será feita
pública oportunamente). Esta proba escrita suporá o 100% da puntuación e
terá preguntas de tipo teórico e práctico ao redor dos contidos nucleares da materia.

Nota:

O profesorado facilitará
e/ou indicará ao alumnado na clase o material didáctico pertinente para o
desenvolvemento das actividades e traballos da materia. Na plataforma de Faitic poderanse consultar diversos materiais e axudas para o desenvolvemento da aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000