Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Ciencias Experimentais. Matemáticas e Tecnoloxía
 Materias
  A Ciencia e a súa Metodoloxía para Profesorado de Educación Secundaria
   Competencias de titulación
Código Descrición
A4 Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe nas materias propias da especialización cursadas.
A16 Traballar en equipo con outros profesionais da educación, enriquecendo a súa formación.
A17 Desenvolver hábitos e actitudes para aprender a aprender ao longo do seu posterior desenvolvemento profesional.
A26 Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá.
A32 Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
A34 Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas.
A35 Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares
A47 Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente.
B1 Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xenerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
B2 Xestionar de forma óptima o tempo de traballo e organizar os recursos dispoñibles, establecendo prioridades, camiños alternativos e identificando erros lóxicos na toma de decisións.
B3 Potenciar a capacidade para o traballo en contornas cooperativas e pluridisciplinarios
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000