Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Máster Universitario en Xestión Empresarial do Deporte
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
  A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Ter espírito crítico e construtivo
  B2 Adoptar unha actitude resolutiva ante problemas na realidade laboral
  B3 Fomentar a capacidade de traballar en equipo e cooperar
  B4 Aprender a investigar no campo deportivo e plasmar os resultados en pequenos traballos/proxectos
Sinale C Código Habilidades
  C1 Coñecer e comprender a evolución do sector do deporte e outros afíns como a cultura, ocio, turismo, etc
  C2 Aplicar os coñecementos teóricos propios do sector deportivo á experiencia profesional.
  C3 Posuír unha comprensión máis fonda dos aspectos críticos no sector deportivo
  C4 Dispoñer de habilidades de xestión e mercadotecnia para postos de responsabilidade en institucións deportivas.
  C5 Adquirir a capacidade de xestionar o deporte e as institucións deportivas nun ambiente global e variado
  C6 Identificar os retos que afrontan na actualidade os xestores e organizadores de eventos deportivos.
  C7 Manexar un conxunto variado de métodos de investigación dirixidos a resolver asuntos relativos á xestión do sector deportivo.
Sinale D Código Competencias
  D1 Capacidade de traballo nos diferentes contextos do ámbito deportivo de forma autónoma e con iniciativa.
  D2 Capacidade de traballo en equipo, desenvolvendo habilidades de liderado e de relación interpersoal.
  D3 Capacidade para traballar en ambientes de presión.
  D4 Capacidade de aplicar o coñecemento á práctica.
  D5 Compromiso ético e de responsabilidade social.
  D6 Habilidades de comunicación verbal e non verbal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000