Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo

Presentación

A Facultade de Ciencias Empresariais de Ourense está localizada no Edificio Xurídico Empresarial do Campus Universitario en pleno centro da cidade.

A oferta educativa para o próximo curso 2015-2016 no Centro é:

Títulos de Grao:

  • GRADO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS
  • GRADO EN TURISMO
  • PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS + ENXEÑARÍA INFORMÁTICA
  • PROGRAMA CONXUNTO DE ESTUDOS ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS + DEREITO
  • GRADO EN CONSULTORÍA E XESTIÓN DA INFORMACIÓN (só se oferta o 4º curso)

Desde o curso 2015-2016, grazas a un acordo de cooperacion Inter-Institucional con Hochschule Bremerhaven, a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo oferta o Programa de Dobre Grado Internacional en Administración e Dirección de Empresas (Business Administration & Management) da Universidade de Vigo e Bachelor of Arts in Business Administration en Hochschule-Bremerhaven. Ademais, por segundo ano consecutivo ofértase o programa ADE INTERNACIONAL con mais de 60 créditos impartidos en inglés. 

Con estes acordos e programas a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo aposta pola internacionalización dos estudos e a participación dos estudantes en programas de movilidade e intercambio, abrindo un abanico a novos horizontes e opcións de futuro.

En canto á oferta de POSGRAOS da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo:

  • MASTER OFICIAL EN CREACIÓN, DIRECCIÓN E INNOVACIÓN NA EMPRESA
  • MASTER OFICIAL EN DIRECCIÓN E PLANIFICACIÓN DO TURISMO
  • MASTER OFICIAL EN XESTION EMPRESARIAL DO DEPORTE

Para obter máis información visita a nosa páxina web http://www.fcetou.uvigo.es/

¡Ven a visitarnos!

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000