Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Creación e viabilidade de empresas turísticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Inclúe a realización por parte do alumno dun plan de empresa do sector turístico 40
Presentación Inclúe presentacións parciais e finais do plan de empresa e exercizos da aula 40
Observación sistemática Percepcion atenta, racional, planificada e sistemática para
describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do
alumnado.
20
Cartafol/dossier Realización dun cartafol coas aprendizaxes derivadas da
experiencia de ApS. Consiste na recompilación do traballo
do/a estudante no que amosa os seus esforzos, progresos e
logros. A recompilación debe incluír contidos elexidos polo
alumno/a, os criterios de selección e efidencias de
autoreflexión.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
 ALUMNADO AVALIACIÓN CONTINUA

- Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que se acollen ao procedemento de avaliación continua recollido anteriormente. O alumnado poderá mudar de avaliación continua a global mandando un email entre o 11 de setembro e o 11 de outubro de 2023.

- A avaliación anterior é válida para alumnos  que realicen avaliación continua. O alumnado deberá aprobar cada unha das probas de avaliación enumeradas anteriormente para superar a materia con un mínimo dun 5.

- Se algún estudante non se presenta a algunha das probas asignaráselle a calificación de 0 nela.

- O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://fcetou.uvigo.es/es/

====ALUMNADO QUE PARTICIPE NO ApS====

Na avaliación continua a nota final será o resultado de:

a) Realización dun Cartafol/dossier de aprendizaxe e observación sistemática por parte da docente. Para a avaliación poderá esixirse unha defensa oral. Esta nota pondera un 20% equivalente ás presentacións a relializar do traballo final.

b) Realización dun traballo. Dito traballo irase entregando por partes e devolverase correxido para que o alumnado leve a cabo as correspondentes correcións. Terá unha valoración máxima do 40% da nota final.

c) Presentacións do traballo a desenvolver. Terá unha valoración máxima do 40% da nota final.

ALUMNADO DE AVALIACIÓN GLOBAL

- Considérsa que o estudantado  que non realice a primeira presentación  de exposición oral ou pida o cambio mediante email antes do 11 de outubro de 2023, optará pola avaliación global.

- Para o caso de alumnado que non opte pola avaliación continua, o procedemento será un conxunto de probas que representará o 100% da calificación da materia. Para superar a materia é IMPRESCINDIBLE sacar unha puntuación igual ou superior a 5 sobre 10.

Proba 1: Resolución de problemas 

Descripción: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos prácticos.

Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 40%

% Mínimo: Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10.

Proba 2: Resolución de problemas e/ ou exercicios

Descripción: Proba obxectiva que incluirá avaliación de conceptos teóricos aplicados.

Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 20%

% Mínimo: Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10.

Proba 3: Presentacións

Descripción: Exposicións orais onde se valorarán principalmente as habilidades comunicativas

Metodoloxía aplicada: Realización presentacións orais.

% Cualificación: 40%

% Mínimo: Deberá obter un mínimo de 5 sobre 10.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA

- Empregaranse os sistemas de avaliación continua e global expostos anteriormente.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN EN ACTAS

- Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria, en caso de non superar algunha parate da avaliación, pero a puntuación global fora superior a 4 sobre 10, a calificación en actas será de 4.

DATAS AVALIACIÓN

- As datas oficiais de exame das diferentes convocatoria, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro, atópanse publicadas  na páxina web da FCETOU http://fcetou.uvigo.es/es/

EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓVILES

Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de dispositivos móviles en exercicios e prácticas non habilitados para iso, en cumprimento do artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario.

CONSULTA E/OU SOLICITUDE DE TITORÍAS

As titorías consultaranse a través da páxina persoal do profesorado, accesible a través de http://fcetou.uvigo.es/es/docencia/profesorado/

 
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000