Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Valoración de activos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas con apoio das TIC Realización dunha proba práctica de carácter individual a desenvolver en ordenador onde se valorará o plantexamento da resolución e os resultados obtidos. 10 B1
B3
B6
B12
B13
B14
C7
C16
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia 40 B1
B2
B3
B4
B5
B12
B13
B14
C1
C7
C16
D3
D4
D5
Traballo Realización e entrega dun traballo en grupo no cal se valorará a presentación, o formato, os contidos, o razonamento dos datos expostos e os resultados. 50 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B11
B12
C11
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O método de avaliación exposto no punto anterior é para a avaliación continua. As probas teórico-prácticas sobre os contidos da materia que supón o 40% da nota da avaliación continua, teñen un carácter de mínimo. Polo tanto, é necesario sacar máis dun 5 (sobre 10) nestas probas para que se consideren superadas. É dicir, se non se superan estas probas acadando o mínimo exixido non se compensará co resto das avaliacións da materia; consecuentemente, a nota no acta correspondente será de suspenso. Avaliación non continua. Na convocatoria de maio e para a convocatoria de xullo, deberá realizarse un exame sobre todo o contido da materia, 100% da materia (valor 10 puntos). Esta proba terá duas partes: unha parte teórico-práctica e outra parte, na que o alumnado deberá demostrar que ten as habilidades e competencias adquiridas na materia mediante un exercicio práctico a desenvolver en ordenador. En ambas probas exixirase un mínimo para consideralas superadas (5 sobre 10 en cada unha das partes). Polo tanto, se o alumno non obtén os mínimos especificados, a nota no acta será de suspenso. O alumnado deberá optar entre avaliación continua a través de probas parciais máis a realización e entrega dun traballo final en grupo (100% nota final), ou de maneira alternativa, avaliación global de toda a materia nos exames finais das convocatorias oficiais (100% nota final).
Na convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.
As diferenzas entre sistemas de avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en Administración de Empresas na Universidade de Vigo, se xustifican pola necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de cada Centro, especialmente en canto ao tipo de grupos, e número medio de alumnado por grupo.

As probas de avaliación se prevén para unha modalidade presencial. Nembargantes,
chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de dispor dos espazos
e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas, estas poderíanse realizar
de forma non presencial, ben a través dos distintos recursos telemáticos dispoñibles
na Uvigo (plataforma Faitic), correo electrónico ou no seu caso, mediante probas
de forma oral.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000