Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba para poder compensala e superar a materia. Poderá valorarse adicionalmente calquera contribución realizada polos alumnos nas sesións presenciais. Considerarase que todo alumno que realice polo menos unha das probas programadas optou pola avaliación continua, non podendo renunciar á mesma. O alumno que non siga o procedemento de avaliación continua deberá realizar un exame final, con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas (tipo test) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia. Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións: - Realizar un exame con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas (tipo test) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia. - Conservar a nota obtida na Presentación (20%) e no Estudo de casos (40%), sempre que sexan superiores a 3.5 (sobre 10), e realizar únicamente o Exame de preguntas obxectivas (40%). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) nesta proba para poder compensala e superar a materia. Se en calquera das dúas oportunidades non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, pero a puntuación total é superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.5 (sobre 10). A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc. As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-2021. En caso de disparidade ou conflito entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da facultade. As diferenzas no método de avaliación
que utilizan os centros da Facultade de Ciencias Económicas e
Empresariais de Vigo e a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense
obedecen á necesaria adaptación dos idénticos resultados de aprendizaxe
propostos e competencias á diferente organización de clases
docentes empregada por ambos os centros. IMPORTANTE: É obrigación dos alumnos coñecer e seguir as instruccións relativas as distintas probas de avaliación, tanto as
contidas na Guía docente ou calqueira outro documento de organización da materia que o profesor poña a súa disposición,
como as que se lle fagan chegar puntualmente a través das canles habituais (correo electrónico e/ou Faitic). |