Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica internacional
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Se, debido á situación excepcional, non se pode impartir a docencia dun modo presencial, impartirase de forma virtual mediante Campus Remoto co reforzo, se é necesario, da plataforma de teledocencia Faitic, garantindo sempre a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes. Manteranse as metodoloxías docentes previstas, pero adaptándoas ao
novo escenario virtual.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Se, debido á situación excepcional, non se poden facer as probas de avaliación dun modo presencial, as devanditas probas, tanto os exames (de avaliación continua e non continua) como o resto de probas (estudo de casos e presentacións), faranse de forma virtual, mediante Campus Remoto co reforzo, se é necesario, da plataforma de teledocencia Faitic. Nese caso a proba Exame de preguntas obxectivas (40%) non será necesariamente de tipo test ou podería facerse de preguntas de desenvolvemento. Poderá valorarse, adicionalmente, calquera contribución realizada polo alumnado nas sesións virtuais.

Recoméndase asistir ás sesións de clases virtuais que programen os profesores da materia e consultar en titorías as dúbidas que xurdan, para o que hai que contactar polo correo electrónico co profesor correspondente. As sesións de titorización realizaranse por medios telemáticos (correo electrónico, despacho virtual, videoconferencia, etc.) baixo a modalidade de concertación previa. Tamén é moi aconsellable que os alumnos que teñan problemas de conectividade llo comuniquen ao coordinador da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000