Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Máster Universitario en Avogacía e Procuradoría - Ourense
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sinale B Código Coñecementos
  B1 CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á averiguación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento.
  B2 CON-02 Describir detalladamente as distintas técnicas de composición de intereses.
  B3 CON-03 Identificar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluindo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuita e a promoción da responsabilidade social da persoa que exerce a avogacía ou a procura.
  B4 CON-04 Recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional.
  B5 CON-05 Identificar as técnicas de resolución de conflitos mas pertinentes en cada situación e contexto.
  B6 CON-06 Formular os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico e representación procesual.
  B7 CON-07 Determinar a instancia administrativa ou xurisdiccional e a acción ou actuación procedentes para a defensa dos dereitos dos clientes.
  B8 CON-08 Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdiccionais.
  B9 CON-09 Identificar os actos *jurí*dicos que requiran, para a súa eficacia, da intervención notarial e os que necesitan inscripción rexistral.
Sinale C Código Habilidades
  C1 HAB-01 Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable.
  C2 HAB-02 Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdiccional para a resolución de conflitos xurídicos.
  C3 HAB-03 Realizar eficaz e correctamente os actos de comunicación das partes no proceso.
  C4 HAB-04 Diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais.
  C5 HAB-05 Aplicar as técnicas de resolución de conflitos mais pertinentes a cada situación e contexto, establecer o alcance do segredo profesional e preservar a independencia de criterio.
  C6 HAB-06 Utilizar os procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática.
  C7 HAB-07 Confeccionar técnicas de traballo en equipo dirixidas a lograr unha maior eficiencia mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas.
  C8 HAB-08 Planificar a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes ao que se dirixa.
  C9 HAB-09 Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares.
Sinale D Código Competencias
  D1 COMP-01 Coñecer e utilizar de forma axustada o dereito á defensa e a postulación procesual dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdiccionais nacionais e internacionais.
  D2 COMP-02 Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nos distintos órdenes xurisdiccionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de apremio.
  D3 COMP-03 Incorporar os dereitos e deberes deontolóxicos da persoa que exerce a avogacía ou a procura nas relacións con clientes, outras partes, tribunais, autoridades e outros profesionais.
  D4 COMP-04 Coñecer e aplicar as técnicas mais pertinentes en cada caso dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigacións tributarias, de constitución de depósitos xudiciais e de atención de cantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a tutela xudicial efectiva dos dereitos das súas persoas representadas.
  D5 COMP-05 Crear a estrutura organizativa do despacho profesional en función dos recursos humanos que o integran e do tipo de clientes aos que se dirixe, e establecer un protocolo de xestión económica e fiscal para o despacho profesional, de compliance e de protección de riscos laborais e de datos de índole persoal.
  D6 COMP-06 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedimentais.
  D7 COMP-07 Interactuar de forma apropiada cos/as cidadáns, institucións e outras persoas profesionais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000