A) Os alumnos que se acollan ao sistema de avaliación continua deberán asistir regularmente ás clases presenciais (mínimo dun 80%). O sistema de avaliación continua esixirá, en todo caso, cumprir coa referida asistencia mínima e, ademais, requirirá unha participación activa e regular nas actividades/exercicios propostos que, de forma eventual e aleatoria, poderán ser recollidos polo profesor. Esas actividades representarán un 30% da cualificación global. O 70% restante da cualificación virá determinado pola PROBA FINAL, que consistirá nunha única parte teórica coas características descritas. EN TODO CASO, para aprobar a materia será necesario que na proba final se alcance polo menos unha puntuación mínima de 4 sobre 10.
B) Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua ou non o superaran (debido á súa non asistencia regular ás clases presenciales na porcentaxe indicada ou a que non realizaron de xeito satisfactorio esas actividades propostas) serán evaluados en base a unha única PROBA FINAL que representará o 100% da cualificación global, e que consistirá nunha parte teórica e unha parte práctica. Cada unha das partes, teórica e práctica, valorarase sobre 10 puntos e para a superación de ambas as partes e, por tanto, da materia, haberá que alcanzar como mínimo un 5 en cada unha delas. A cualificación final virá determinada por un 70% da cualificacián obtida na parte teórica e un 30% da cualificación obtida na parte práctica.
Xa que logo, a PROBA FINAL constará de dous partes: 1. Parte teórica (70% da cualificación total): obligatoria para todos os alumnos, con independencia do sistema de avaliación que se siga. 2. Parte práctica (30% da cualificación total): a) terán que realizala os alumnos que, habéndose acollido ao sistema de avaliación continua, non a superaron de xeito satisfactorio
b) terán que realizala os alumnos que non se acolleron ao sistema de avaliación continua.
CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA: Seguirase o mesmo sistema de avaliación que en primeira e segunda convocatoria. Con todo na convocatoria de Fin de Carreira só quedarán exentos de realizar a parte práctica os alumnos que superasen satisfactoriamente a avaliación continua no Curso Académico 2016/2017.
* Non terán que realizar a parte práctica -nin no exame da convocatoria de xaneiro, nin no exame da convocatoria de xullo- os alumnos que superasen satisfactoriamente a avaliación continua. Tampouco terán que realizar a parte práctica na convocatoria de Fin de Carreira os alumnos que superasen satisfactoriamente a avaliación continua no Curso Académico 2016/2017.
** DATAS DAS PROBAS DE AVALIACIÓN: As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2016/2017. *** NOTA:
- As horas de clases do grupo B poderán utilizarse para continuar ou complementar as clases do grupo A.
- Poderanse remitir as explicacións dalgúns temas ou cuestións do contido do programa da materia a algún material bibliográfico (manual, capítulo de libro, artigo, etc.) ou outro tipo de documentación.
|