Os alumnos que non se acollan á avaliación continua poderán facer un exame final no que se lle formularán, en relación cos contidos da materia, preguntas de resposta longa e análise de situacións. A cualificación máxima deste exame será de 70% do total. O sistema de avaliación no segundo período, tanto para o alumno que se acolla á avaliación continua, como para o que non se acolla a ela, consistirá na realización dunha proba de resposta longa e análise de situacións, que terá a descrición e cualificación sinalada na parte superior. Gardaranse e aplicaranse as outras cualificacións que tivese o alumno que se acolleu á avaliación continua. Datas e lugares das probas de avaliación: -Fin de carreira: día 15 de outubro, ás 16.00 hs. -1ª edición: día 13 de xaneiro, ás 16.00 hs., aulas Magna e 1.4 -2ª edición: día 2 de xullo, ás 16.00 hs., aula Magna |