Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Antropoloxía da saúde
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Abordaxe e solución de casos relativos a antropoloxía da saude 15
Presentación Exposición por parte do estudante ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto... pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo 35
Resolución de problemas de forma autónoma O alumno mostrará capacidade e solucións para abordar problemas e casos relacionados con antropoloxía, aportando solucions e visión crítica 10
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumno deberá responder a exercicios nos que aportará unha ampla visión do tema solicitado, nun tempo determinado, relacionando conceptos e extrapolando aplicacións. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñerán a planificación da materia e os horarios de titoría, e informarán sobre as opcións de avaliación (AC/AG) para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades.

Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.

O 20% das faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).

AVALIACIÓN CONTINUA (AC):

Deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10 para que poida computar a AC no exame, e de 4/10, nas restantes metodoloxías que computan para AC, de non alcanzarse esta nota ou perder a AC por faltas de asistencia, a cualificación obteríase por AG. 

Avaliación global (AG):

Cando  este sistema foi seleccionado ou  se perde o dereito a avaliación continua, é preciso superar un examen con preguntas de desenvolvemento que inclúe os contidos impartidos polo profesor, mais os casos e problemas que se fixeron en clase.

Datas de exames de 1.ª e 2.ª oportunidade, publicaranse na web do centro. AULAS 21 e 23.

2.ª OPORTUNIDADE

O non superar a materia en calquera das dúas modalidades (AC/AG) en 1.ª oportunidade, implica que na 2.ª oportunidade optarase por avaliación global (100% CUALIFICACIÓN) .

MATRÍCULA DE HONRA

Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.

Compromiso ético:

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc), considerarase que non reúne os requisitos necesarios àra superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da Uvigo.no permitirase a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.




Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000