As prácticas clínicas IV están vinculados a tres períodos asignados segundo a elección individual do estudante nas PCV e detallado na normativa de prácticas. É necesario alcanzar unha cualificación mínima de catro puntos sobre dez en cada unha das avaliacións para poder optar ao aprobado. En unidades de hospitalización/centros sociosanitarios, realizaranse 2 Plans de Atención de Enfermaría, que se avaliarán como un ítem máis, dentro da rúbrica establecida. A súa entrega é obrigatoria, debendo alcanzar unha cualificación mínima de 4/10. É de entrega obrigatoria, o portafolios/dossier e o rexistro de control de presencialidade nas unidades, antes de 10 días tras a finalización de cada período. O incumprimento da devandita entrega, nalgunha das rotacións, suporá unha penalización de 2 puntos sobre a cualificación da materia. As faltas de asistencia non xustificadas, implicarán un suspenso e a interrupción inmediata do período, mentres que si son faltas xustificadas permitiranse un máximo de 4, que serán de recuperación obrigatoria no período establecido para tal fin polo responsable da materia. A ausencia de máis de 4 días, conlevará a repetición completa do período en cuestión. (Estas directrices, detállanse na normativa de prácticas facilitada aos estudantes e publicada en MOOVI). Para discernir as Matrículas de honra, en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilizarase como criterio de asignación, o expediente académico na data en cuestión. IMPORTANTE: Toda a información vencellada as PC IV será divulgada a través de MOOVI. |