É necesario alcanzar unha cualificación mínima de catro puntos sobre dez en cada un dos períodos de prácticas, así como na simulación, para poder optar ao aprobado. En caso contrario de non alcanzar esa nota, se reprogramará a rotación/actividade suspensa.
En caso de
non entregar o cartafol e a memoria de prácticas, segundo a
normativa establecida (un por período), repercutirá negativamente na nota,
restándose un 5% da cualificación do período correspondente.
As faltas
de asistencia non xustificadas suporán o suspenso e a interrupción inmediata
do período, mentres que si son faltas xustificadas permitiranse un máximo de
3 na primeira rotación e 4 na segunda, que serán de recuperación
obrigatoria no período establecido para tal fin polo responsable da
materia.
A ausencia
de máis de 4 días, aínda que sexan faltas xustificadas, suporá a recuperación completa do período en cuestión.