Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Introdución á enfermaría clínica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro OBRADOIROS A:
Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do docente ás actividades individuais e/ou en grupo que desenvolven os estudantes.
- Primeiros auxilios.
- Vendaxes
- Soporte Vital Básico.

Realizarase avaliación dos contidos traballados, no propio taller tendo de base, os contidos teóricos expostos nas clases maxistrais.
30 A5
B1
B3
B6
C2
C13
D1
D2
D3
Obradoiro OBRADOIROS B:
Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre unha temática concreta, con asistencia específica por parte do docente ás actividades individuais e/ou en grupo que desenvolven os estudantes.
- Accesos vasculares
- Sondaxe nasogástrico
- Ostomías
- Instrumental

Realizarase avaliación dos contidos traballados, no propio taller tendo de base, os contidos teóricos expostos nas clases maxistrais.
30 A5
B1
B3
B6
C2
C13
D1
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 40 A2
A5
B1
B2
B3
B6
B17
C2
C9
C13
C28
C29
D1
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.


Presuponse a avaliación global, o seu rexeitamento e opción de avaliación final, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.

Avaliación Continua (AC):

O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).

A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: Obradoiros A (30%), Obradoiros B (30 %) e EXAME (40%).
Este último constará de 40 preguntas tipo test (+ 2 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta única, cada erro resta 0.25 das correctas.

Deberase alcanzar unha nota mínima de 5 puntos, en cada unha das metodoloxías realizadas. En caso de non alcanzarse dita cualificación, perderase a AC e pasará a Avaliación global (AG).

Así mesmo,  o estudantado que non poida seguir a AC e/ou renuncie a esta, será cualificado mediante avaliación global.

Avaliación global (AG):

Realizarase un exame global que supón o 100 % de cualificación da materia. Este incluirá preguntas tipo test e preguntas curtas (80 - 100 preguntas), con 4 opcións de resposta única. Cada resposta errónea, resta 0.25 do valor das correctas.
Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10.

O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.

2ª OPORTUNIDADE:
O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global. (100% cualificación)


MATRÍCULA DE HONRA

Para asignar a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.

Compromiso ético:
Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000