O primeiro día de clase a docente expón a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades.
Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.
AVALIACIÓN CONTINUA:
Computarán os seguintes parámetros obrigatorios (con ponderación na cualificación final): 1. Durante as clases valórase a súa participación e capacidade de resolver os exercicios e situacións expostos pola profesora (40%). Discrecionalmente, a profesora poderá recoller exercicios realizados en clase para a súa avaliación e seguimento para a mellora e avaliación continua. 2. Presentación (25%): Ao finalizar o período docente e antes do exame final, os alumnos deberán entregar un Traballo realizado en equipo cuxa exposición oral en inglés, valorarase co 25% do valor total da nota final. 3. Proba escrita final (35%): Esta proba abarcará todos os contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do programa.
Nas probas 1 e 3 o alumno deberá obter un mínimo de 4 puntos sobre 10, en cada unha delas, para optar ao aprobado final, cuxa nota se completará coa cualificación na proba 2
Para superar a materia deberá alcanzarse unha nota mínima de 5/10 na media ponderada das tres probas.
Avaliación global: Os alumnos que,excepcionalmente, deban avaliarse por avaliación global, realizarán unha proba escrita cun 75% do valor da cualificación e unha presentación oral dun traballo individual cuxo tema adxudica a docente.
Débese alcanzar unha nota de 5/10.
2ª OPORTUNIDADE O alumnado que non supere a materia en calquera das dúas modalidades anteriores en primeira oportunidade terá unha segunda oportunidade en modalidade de avaliación global.
MATRÍCULA DE HONRA: Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.
Compromiso ético: Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da UVigo. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |