Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Ser capaz de comprender o comportamento interactivo da persoa en función do xénero, grupo ou comunidade, dentro do seu contexto social e multicultural. |
B7 |
Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional. |
C14 |
Coñecer e identificar os problemas psicolóxicos e físicos derivados da violencia de xénero para capacitar ao estudante na prevención, a detección precoz, a asistencia e a rehabilitación das vítimas desta forma de violencia. |
C50 |
Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese. |
D3 |
Capacidade de xestión da información. |
D7 |
Razoamento crítico. |