A
asistencia ás clases teóricas e prácticas é obrigatoria, salvo falta
debidamente xustificada.
A
materia aprobarase ao obter unha cualificación igual ou maior que un 5 como
nota final, obtida da seguinte forma:
-
Prácticas: as prácticas avaliaranse xunto ao exame de teoría da parte
correspondente e supoñerán globalmente o 20 % da nota final.
- Teoría: a teoría avaliarase en dúas probas independentes a base de preguntas
de tipo test e de resposta curta. Cada unha representará un 40 % da nota final.
A primeira realizarase en data acordada cos estudantes e a segunda na prevista
polo calendario oficial de exames da EEI (primeira edición). A proba de segunda
oportunidade será única e conterá cuestións correspondentes a todos os contidos
da materia.
Empregarase
un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación
recollida no RD 1125/2003, BOE de 18 de setembro.
Para aprobar a materia hai que superar o 40 % da nota en cada
proba de avaliación. Do contrario, a nota final será o resultado de multiplicar
a nota total obtida (teoría + prácticas) por 0,5.
No caso de que a valoración final da materia non alcance o aprobado (5 puntos),
pero si algunha das partes (teoría ou prácticas), manterase esa puntuación para
a segunda oportunidade de exame (xullo).
Os alumnos repetidores doutros anos deberán realizar todas as actividades de
aula e de laboratorio, das que serán avaliados.
*Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considérase
que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste
caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso
(0.0). |