A asistencia ás clases teóricas e prácticas é obrigatoria, salvo falta debidamente xustificada. A materia aprobarase ao obter unha cualificación igual ou maior que un 5 como nota final, obtida da seguinte forma: - Prácticas: as prácticas avaliaranse xunto ao exame de teoría da parte correspondente e supoñerán globalmente o 20 % da nota final. - Teoría: a teoría avaliarase en dúas probas independentes a base de preguntas de tipo test e de resposta curta. Cada unha representará un 40 % da nota final. A primeira realizarase en data acordada cos estudantes e a segunda na prevista polo calendario oficial de exames da EEI (primeira edición). A proba de segunda oportunidade será única e conterá cuestións correspondentes a todos os contidos da materia. Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación recollida no RD 1125/2003, BOE de 18 de setembro. Para aprobar a materia hai que superar o 40 % da nota en cada proba de avaliación. Do contrario, a nota final será o resultado de multiplicar a nota total obtida (teoría + prácticas) por 0,5. No caso de que a valoración final da materia non alcance o aprobado (5 puntos), pero si algunha das partes (teoría ou prácticas), manterase esa puntuación para a segunda oportunidade de exame (xullo). Os alumnos repetidores doutros anos deberán realizar todas as actividades de aula e de laboratorio, das que serán avaliados. *Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0). |