Para
que a materia considérese superada o alumno deberá alcanzar polo menos unha
nota mínima do 40% en cada bloque, e obter unha cualificación total superior ao
50%. En caso de ter unha cualificación superior ao 50%, pero non alcanzar o
mínimo requirido nalgunha das partes, otorgarase unha nota máxima de 4.5. BLOQUE I (SFM) Avaliación
continua. - Convocatoria Ordinaria: Constará de duas probas realizadas durante
o período de impartición da materia e unha proba na data oficial previamente
fixada polo centro. Para a superación do bloque, a nota mínima requerida en
cada unha das probas é do 35% e a media das tres probas deberá ser superior ao
50%. - Convocatoria Extraordinaria: O alumno poderá realizar aquelas
probas non superadas na convocatoria ordinaria. Manterase a calificación obtida nas probas
superadas. Para a superación do bloque, a nota mínima requerida en cada unha
das probas é do 35% e a media das tres probas deberá ser superior ao 50%. Avaliación
global: Nas dúas edicións oficiais a renuncia á avaliación continua coa elección
do sistema de avaliación global realizarase seguindo o procedemento e o prazo
establecido polo centro. Constará dun único exame escrito que terá un peso do
100% da nota e avaliaranse todos os contidos impartidos na materia. Comportamento
ético:Espérase
que o alumno presente un comportamento ético adecuado, atendendo especialmente
ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación,
a cualificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudiantado
da Universidade de Vigo no claustro do 18 de abril de 2023). |