Convocatoria Ordinaria: Avaliación Continua. Constará de distintas probas realizadas durante a impartición da materia e unha proba final na data oficial previamente fixada polo centro. Nesta proba final esixirase unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder aprobar a materia. Para aprobar, a nota final deberá ser, polo menos, de 5 sobre 10. En caso de non alcanzar a nota mínima no exame final, se lle outorgará ao alumno unha nota de 4.5.
Convocatoria Extraordinaria. Calcularase a nota do alumno en ambos supostos: considerando a avaliación continua (probas de avaliación continua = 60 %, exame final = 40%, e nota mínima de 4 sobre 10), e considerando a avaliación global (exame final = 100%); e se lle outorgará a máxima de ambas. A proba realizarase na data oficial previamente fixada polo centro. Nesta proba final esixirase unha nota mínima de 4 sobre 10 para poder aprobar a materia. Para aprobar, a nota final deberá ser, polo menos, de 5 sobre 10. En caso de non alcanzar a nota mínima no exame final, se lle outorgará ao alumno unha nota de 4.5.
Comportamento ético: Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado, atendendo especialmente ao indicado nos Artigos 39, 40, 41 e 42 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudintado da Universidade de Vigo (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023).
AVISO: En caso de discrepancias entre as distintas versións linguísticas da guía prevalecerá o indicado na versión en castelán