=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
A docencia teórica e a resolución de problemas impartiranse de forma virtual coa axuda de diferentes ferramentas como o campus remoto.
* Metodoloxías docentes que se modifican
As clases de laboratorio impartiranse de forma virtual coa axuda de visualizadores, vídeos ou, cando sexa posible, de programas informáticos.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
As titorías manteranse tanto a través do correo electrónico como coa axuda da sala virtual do profesor ou outros medios que sexan adecuados para tal fin.
* Non hai modificacións dos contidos a impartir
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas xa realizadas
Non se modifican os seus pesos.
* Probas pendentes que se manteñen
Todas as probas de avaliación mantéñense cos mesmos pesos:
Lección maxistral: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Resolución de problemas: [Peso anterior 30%] [Peso Proposto 30%]
Traballo tutelado: [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 20%]
Exame de preguntas obxectivas: [Peso anterior 20%] [Peso Proposto 20%] |