1. AVALIACIÓN CONTINUA
(EC)
Inclúe a cualificación
ECA sobre os contidos de aula, cun peso do 80% da cualificación final, e a
cualificación ECL sobre os contidos de laboratorio, cun peso do 20% da
cualificación final: EC = ECA (80%) + ECL (20%).
A cualificación ECA
obterase na oportunidade ordinaria mediante probas teórico-prácticas que se
realizarán durante o curso, cun peso do 40% da cualificación final
(cualificación ECC1), e unha proba final teórico-práctica, cun peso do 40% da
cualificación final (cualificación ECF1). A oportunidade extraordinaria seguirá
unha composición igual á ordinaria de xeito que haberá dúas probas
teórico-prácticas, ECC2 e ECF2, equivalentes en contidos e metodoloxía de
avaliación (preguntas obxectivas, de desenvolvemento e problemas) a ECC1 e ECF1
respectivamente.
A cualificación ECL
obterase mediante informes de prácticas, cun peso do 10% da cualificación final
(cualificación ECLI), e probas teórico-prácticas, cun peso do 10% da
cualificación final (cualificación ECLE). Para obter a cualificación ECL será
necesario ter asistido a todas as sesións de laboratorio. En caso contrario, a
cualificación ECL será 0,0.
Cualificación final EC
da materia para a modalidade de avaliación continua:
- Oportunidade
ordinaria: EC = ECC1 (40%) + ECF1 (40%) + ECLI (10%) + ECLE (10%).
- Oportunidade
extraordinaria: EC = ECC2 (40%) + ECF2 (40%) + ECLI (10%) + ECLE (10%).
Na oportunidade
extraordinaria, en cada parte ECC2 e ECF2 o estudante poderá optar entre manter
a súa anterior cualificación da mesma parte, ECC1 e EFC1 respectivamente, ou
realizar o exame para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.
2. AVALIACIÓN GLOBAL
(EG)
Aqueles estudantes que
teñan concedida a renuncia á avaliación continua terán a posibilidade de
realizar un exame global escrito para obter unha cualificación EG que terá un
peso do 100% da cualificación final e que incluirá as seguintes partes: unha
parte teórico-práctica sobre contidos de aula, cun peso do 80% da cualificación
final (cualificación que denominaremos EGA1 na oportunidade ordinaria e EGA2 na
extraordinaria), e unha parte teórico-práctica sobre contidos de laboratorio,
cun peso do 20% da cualificación final (cualificación que denominaremos EGL1 na
oportunidade ordinaria e EGL2 na extraordinaria).
Cualificación final EG
da materia para a modalidade de avaliación global:
- Oportunidade
ordinaria: EG = EGA1 (80%) + EGL1 (20%).
- Oportunidade
extraordinaria: EG = EGA2 (80%) + EGL2 (20%).
Na oportunidade
extraordinaria, en cada parte EGA2 e EGL2 o estudante poderá optar entre manter
a súa anterior cualificación da mesma parte, EGA1 e EGL1 respectivamente, ou
realizar o exame para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior.
3. AVALIACIÓN DE FIN DE
CARREIRA (FC)
A avaliación da
convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema que a avaliación
global EG.
Cualificación final FC
da materia na convocatoria de fin de carreira:
FC = FCA (80%) + FCL
(20%).
4. NORMAS XERAIS
Para superar a materia
é condición necesaria e suficiente ter obtido unha cualificación final superior
ou igual a 5,0 nunha escala de 0 a 10.
Dentro das
especificacións detalladas nos apartados anteriores, as probas e exames poderán
ter diferentes variantes dentro dun mesmo grupo de aula ou de laboratorio.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno mostre un comportamento ético axeitado. No caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final
na oportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0).
Non se permitirá a
utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación
agás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non
autorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación da
materia e a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente
será de suspenso (0,0). |