Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería Industrial
Grao en Enxeñaría en Organización Industrial
 Materias
  Tecnoloxía medioambiental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Informe detallado sobre cada unha das prácticas feitas, no que se incluirá unha explicación do traballo experimental feito, ademais dos resultados acadados, da análise dos mesmos e das conclusións que deles se deriven.

As prácticas de laboratorio faranse en grupos de 2 alumnos, mais o/a profesor/a poderá esixir que o informe se entregue de xeito individual. Baixo ningunha circunstancia, se avaliará o informe entregado por un/unha alumno/a que non fixera previamente a práctica no laboratorio.

Nas prácticas en aula informática, cada alumno/a traballará de xeito individual e, polo tanto, os informes de prácticas tamén serán individuais. Do mesmo xeito, soamente se avaliará o informe entregado por un/unha alumno/a que previamente asistirá a correspondente sesión de prácticas.

As competencias CG7, CE16, CT1, CT3, CT9 e CT10 avalíanse en base á calidade do informe escrito feito, de xeito autónomo, polo alumno ó remate de cada práctica. Valorarase a redacción, estructura e presentación do mesmo, a análise e tratamento de resultados feito, asi como as conclusións acadadas.

As competencias CT12 e CT17 avalíanse en base ó traballo feito no laboratorio, onde as prácticas fanse en grupos de 2 alumnos, e no transcurso do cal o alumno desenvolve habilidades de investigación no eido da Tecnoloxía Medioambiental.
10 B7
C16
D1
D3
D9
D10
D12
D17
Estudo de casos Todos aqueles exercicios, seminarios, traballos tutelados que poidan implicar o aprendizaxe e servizo, casos prácticos e probas teórico/prácticas que se fagan e entreguen ó profesor ó longo do curso, relacionadas cos conceptos e contidos do temario.

Ó longo do cuadrimestre faranse varias probas.

As competencias CG7 e CE16 avalianse en base ás respostas do alumno ás cuestións de teoría plantexadas.

As competencias CT2, CT10 e CT12 avalianse en base á resolución, por parte do alumno, de problemas de Tecnoloxía Medioambiental, sexa de xeito autónomo ou presencial, para o cal precisa buscar información adicional á aportada no aula.

A competencia CT3 avaliase en ámbalas dúas partes, xa que os dous exames son escritos, en base á claridade e concreción das respostas.
30 B7
C16
D2
D3
D10
D12
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba EC1: Primeira proba escrita de carácter teórico-práctico sobre os contidos dos 3 primeiros temas do temario da materia.

Na parte teórica o alumnado deberá responder varias preguntas tipo test, de resposta múltiple, namentres que na parte práctica deberá resolver varios problemas relacionados coa temática vista nos temas suxeitos a avaliación.

Ambalas dúas partes faranse no mesmo día, á metade do cuadrimestre e na data fixada pola Dirección da E.E.I. para face-las probas de "avaliación continua".

As competencias CG7, CE16 e CT19 avalíanse en base ás respostas do alumnado ás cuestións plantexadas.

As competencias CT2, CT9 e CT19 avalíanse nesta rpoba, en base á resolución por parte do alumnado de varios problemas de Tecnoloxía Medioambiental, para o cal precisará aplica-los coñecementos adquiridos na materia.

Tamén se avalían as competencias CT1, CT3 e CT10 xa que a proba é escrita e esixe capacidade de análise e síntese por parte do alumnado.
30 B7
C16
D1
D2
D3
D9
D10
D19
Exame de preguntas de desenvolvemento Proba EC2: Segunda proba escrita de carácter teórico-práctico sobre os contidos dos 3 derradeiros temas do temario da materia.

Na parte teórica o alumnado deberá responder varias preguntas tipo test, de resposta múltiple, namentres que na parte práctica deberá resolver varios problemas relacionados coa temática vista nos temas suxeitos a avaliación.

Ambalas dúas partes faranse no mesmo día, una vez rematadas as clases e na data fixada pola Dirección da E.E.I. para face-los exames do 2º cuadrimestre.

As competencias CG7, CE16 e CT19 avalíanse en base ás respostas do alumnado ás cuestións plantexadas.

As competencias CT2, CT9 e CT19 avalíanse nesta rpoba, en base á resolución por parte do alumnado de varios problemas de Tecnoloxía Medioambiental, para o cal precisará aplica-los coñecementos adquiridos na materia.

Tamén se avalían as competencias CT1, CT3 e CT10 xa que a proba é escrita e esixe capacidade de análise e síntese por parte do alumnado.
30 B7
C16
D1
D2
D3
D9
D10
D19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación:


PRIMEIRA CONVOCATORIA

Considerarase que un/unha estudante cursa a materia en réxime de avaliación continua, sempre e cando non renuncie oficialmente á avaliación continua, é decir, sempre que non solicite oficialmente o cambio á "modalidade de avaliación global", nos prazos fixados pola dirección da E.E.I. a tal fin.

Un/unha alumno/a que "non renuncie oficialmente á avaliación continua", estará suspenso/a se non acada unha NOTA MÍNIMA de 4,0 ptos (sobre 10) en cada unha das probas de avaliación recollidas nesta guia, é dicir, tanto en cada unha das dúas probas do "Exame de preguntas de desenvolvemento" (probas EC1 e EC2), como no "Estudo de casos" e no "Informe de prácticas".

De supera-la nota mínima, dito/a alumno/a aprobará a materia se a súa CALIFICACIÓN FINAL é ≥ 5,0, é dicir, se a suma das calificacións obtidas no "Informe de prácticas", no "Estudo de casos" e nas dúas probas do "Exame de preguntas de desenvolvemento"  é ≥ 5,0.

Ademais, se un alumno/a falta a mais de 1 "práctica de laboratorio", sen causa xustificada, para aproba-la materia terá que facer un exame das prácticas que non fixo.

Un/unha alumno/a que "renuncie oficialmente á avaliación continua", fará un "Proba de Avaliación global" (Exame de preguntas de desenvolvemento) que valerá o 90% da nota final, e un "Exame de prácticas" que valerá o 10% da nota final. En calquera caso, para aproba-la materia, o/a alumno/a debe acadar o 50% da nota máxima en cada unha das partes que constitúen a materia, é dicir, teoría, problemas e prácticas.


SEGUNDA CONVOCATORIA:

Na segunda convocatoria aplicaranse os mesmos criterios.

En relación co exame de Xullo, manterase a cualificación do "Estudo de casos" e do "Informe de prácticas", sempre que na 1ª convocatoria o/a estudante acadase a nota mínima esixida.

En canto as probas EC1 e EC2 (Exame de preguntas de desenvolvemento", no caso de que na 1ª convocatoria, un/unha alumno/a suspendese unha das duas probas e aprobase a outra, en Xullo soamente terá que repeti-la proba suspensa.


Compromiso ético:

Espérase
que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de
detectar un comportamento "non ético" (copia, plaxio, emprego de
dispositivos electrónicos non autorizados, etc.) considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para supera-la materia. Nese
caso a cualificación global no presente curso académico será de SUSPENSO
(0,0 puntos).

Non se permitirá o
emprego de ningún dispositivo electrónico durante as probas de
avaliación, agás autorización expresa. O feito de introducir un
dispositivo electrónico non autorizado no aula de exame será considerado
motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a
cualificación global será de SUSPENSO (0,0 ptos).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000