A primeira oportunidade en avaliación continua se leva a cabo durante o segundo cuadrimestre de docencia. Para a entrega das probas previstas en estudo de casos e exame de preguntas obxectivas, habilitarase a plataforma de teledocencia (Moovi), establecéndose un cronograma de entrega de tarefas de maneira asíncrona. Ademais, de forma síncrona, pedirase a realización dun informe de prácticas e un exame de preguntas de desenvolvemento. Para a segunda oportunidade en avaliación continua, deberanse entregar as mesmas probas expostas na primeira oportunidade, e no caso das probas asíncronas, habilitarase de novo o acceso á plataforma docente (desde o día seguinte ao peche de actas da primeira oportunidade e ata o día oficial de cualificación da materia). No caso das probas de avaliación de carácter síncrono, gardarase a cualificación obtida nas probas presentadas en primeira oportunidade, a non ser que o alumno/a queira presentarse a subir nota (a nota final sempre será a máis favorable de ambas as oportunidades). Para a segunda oportunidade en modalidade avaliación continua, as porcentaxes de avaliación serán as mesmas que as aplicadas na primeira oportunidade.
O alumnado ten dereito a solicitar a avaliación global (mediante solicitude expresa nos prazos oficiais). En ambas oportunidades, esta avaliación consistirá na entrega dun estudo de caso (35%), un exame de preguntas obxectivas (15%), e a realización de forma síncrona dun exame de preguntas de desenvolvemento (20%) e un informe de prácticas (30%), todos eles na data oficial de avaliación da materia. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |