Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería de Minas y Energía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Análise integrado de datos. Sistemas de decisión multicriterio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Pequenos traballos de desenvolvemento nos que se expón ao alumnado un escenario de traballo, real ou ficticio, que presenta unha determinada problemática. O alumnado debe aplicar os coñecementos teórico-prácticos da materia para buscar unha solución á cuestión ou cuestións expostas. 35 B8
D6
Exame de preguntas obxectivas Proba de preguntas obxectivas de tipo teórico (tipo test ou de resposta curta) na que o alumnado ten que demostrar a súa comprensión nos contidos máis teóricos da materia. 15 B8
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Análise de 2 casos prácticos baseados nos analizados en clase con soporte informático. 30 B8
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Exame de preguntas de desenvolvemento e resolución de problemas prácticos. 20 D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A primeira oportunidade en avaliación continua se leva a cabo durante o segundo cuadrimestre de docencia. Para a entrega das probas previstas en estudo de casos e exame de preguntas obxectivas, habilitarase a plataforma de teledocencia (Moovi), establecéndose un cronograma de entrega de tarefas de maneira asíncrona. Ademais, de forma síncrona, pedirase a realización dun informe de prácticas e un exame de preguntas de desenvolvemento. 

Para a segunda oportunidade en avaliación continua, deberanse entregar as mesmas probas expostas na primeira oportunidade, e no caso das probas asíncronas, habilitarase de novo o acceso á plataforma docente (desde o día seguinte ao peche de actas da primeira oportunidade e ata o día oficial de cualificación da materia). No caso das probas de avaliación de carácter síncrono, gardarase a cualificación obtida nas probas presentadas en primeira oportunidade, a non ser que o alumno/a queira presentarse a subir nota (a nota final sempre será a máis favorable de ambas as oportunidades). 

Para a segunda oportunidade en modalidade avaliación continua, as porcentaxes de avaliación serán as mesmas que as aplicadas na primeira oportunidade.

O alumnado ten dereito a solicitar a avaliación global (mediante solicitude expresa nos prazos oficiais). En ambas oportunidades, esta avaliación consistirá na entrega dun estudo de caso (35%), un exame de preguntas obxectivas (15%), e a realización de forma síncrona dun exame de preguntas de desenvolvemento (20%) e un informe de prácticas (30%), todos eles na data oficial de avaliación da materia. 

Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000