Educational guide 2023_24
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Máster Universitario en Xestión sostible da auga
 Materias
  Contratación pública e fiscalidade dos servizos de auga urbana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Para o alumnado acollido ao sistema de avaliación continua, a proba final consistirá nunha proba tipo test que representará o 40% da nota. 40 B1
C1
D1
Traballo Traballo individual sobre cuestións de actualidade que será entregado por escrito nas semanas previas á proba final, e que representará un 25% da nota para o alumnado acollido ao sistema de avaliación continua. 25 B1
C1
D1
Observación sistemática Nos "Seminarios" proporase ao alumnado a realización de distintas actividades: resolución de casos prácticos, exposición oral dun tema ou cuestión de actualidade, etc.
Para esos efectos, e como sistema de avaliación continua, valorarase especialmente a participación activa e de calidade do alumnado nas devanditas actividades, o que representará o 35% da súa cualificación final.
35 B1
C1
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Primeira edición de actas: 

O estudante deberá elixir entre un sistema de avaliación continua ou a realización dun exame final (avaliación global).

a) Sistema de avaliación continua.- 
Para poder optar polo sistema de avaliación continua, o estudante deberá asistir, polo menos, a un 80% das clases. O sistema de avaliación continua consistirá en: 

1.- A participación activa e de calidade nas clases, especialmente nos "Seminarios", que representará o 35% da cualificación final. 

2.- A realización e entrega por escrito dun traballo individual sobre un tema de actualidade, relacionado cos contidos da materia, coas pautas e extensión que sinale o profesorado da materia. O devandito traballo deberá entregarse nas semanas previas á realización da proba final e representará o 25% da cualificación final. 

3.- A realización dun exame final que consistirá nunha proba tipo test e que representará o 40% da cualificación final. 


b) Sistema de avaliación global ou exame final.- 
O estudante que non se someta ao sistema de avaliación continua, ou que quede excluído do mesmo por non alcanzar a porcentaxe de asistencia mínima requirida, realizará un exame final. 
Este exame representará o 100% da cualificación da materia, e consistirá nunha proba tipo test na que se  avaliarán os resultados de formación e aprendizaxe da materia. 


2. Segunda edición de actas: 


a) O estudante que se someteu ao sistema de avaliación continua, e non quedou excluído do mesmo, conservará a nota que obtivo previamente (suma da cualificación obtida coa participación activa e de calidade na aula xunto coa cualificación resultante do traballo individual entregado). Nestes casos, o exame consistirá nunha proba tipo test que representará 40% da cualificación final. 


b) O estudante que non se someteu ao sistema de avaliación continua, ou que quedou excluído do mesmo por non alcanzar a porcentaxe de asistencia mínima requirida, realizará un exame final. Este exame representará o 100% da cualificación da materia, e consistirá nunha proba tipo test na que se avaliarán os resultados de formación e aprendizaxe da materia. 


Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: 
https://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames/
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000