En relación ás competencias específicas, traballaranse as relacionadas directamente co ámbito no que se desenvolvan as prácticas externas.
En relación ás condicións de realización das prácticas e avaliación da materia, atenderase ao disposto polo Regulamento de Prácticas Externas da Universidade de Vigo, aprobado en Consello de Goberno da Universidade o 24 de Maio de 2012, que desenvolve a normativa de ámbito legal (RD 1707/2011).
En aplicación da normativa da Universidade de Vigo o centro de adscrición desenvolverá a normativa correspondente para regular as súas competencias. En particular esta normativa debe regular: (i) procedemento de oferta e difusión das prácticas, (ii) criterios de asignación das prácticas ao estudantado, (iii) criterios de asignación das persoas titoras no ámbito académico, (iv) procedementos para entrega de informes e memoria final, (v) procedemento para avaliar e cualificar as prácticas.
Cada estudante contará cun/ha titor/a na entidade colaboradora e un/ha titor/a na Universidade. |
|