Avaliación continua
O alumnado irá entregando os problemas vistos en clase, unha semana despois de ser expostos en clase, cunha puntuación máxima de 3 puntos sobre a nota global.
O último día de clase deberá presentar o traballo que irá realizando ao longo do curso e que valerá 4 puntos da nota global.
Finalmente, o día do exame realizará unha proba teórica do contido das clases maxistrais impartidas e cuxo peso sobre a nota global será de 3 puntos.
O alumnado disporá dun mes para indicar que renuncia á avaliación continua.
Segunda oportunidade
Na segunda oportunidade o alumnado poderá entregar, con data límite o día do exame de segunda oportunidade, os traballos que non presentaran ao longo do curso e que se citan na avaliación continua coa mesma porcentaxe sobre a nota global.
Avaliación global
O alumnado que renuncie a avaliación continua realizará un único exame que será teórico e práctico, sobre o contido visto na materia, cunha puntuación de 10 puntos. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |