Avaliación continua - Primeira Oportunidade: O alumnado deberá obter unha avaliación mínima de 5 puntos sobre
10 en todos os ítems/probas da materia. Na data oficial de exame realizarase soamente a
proba de preguntas “Resolución de problemas e/ou exercicios”. Avaliación continua - Segunda Oportunidade: O alumnado deberá obter unha avaliación mínima de 5 puntos sobre
10 en todos os items/probas da materia. Na data oficial de exame realizaranse a
proba de “Resolución de problemas e/ou exercicios” e o
traballo deberá ser entregado e presentado con antelación á mesma. Avaliación Global - Primeira e segunda oportunidade: O alumnado que renunciou á avaliaciónn continua entregará o
traballo de auditoría antes da data oficial do exame, valorándose como o
50% da nota total e, ademáis, deberá aprobar o exame de preguntas de
desenvolvemento que se valorará como o 50% da nota final. O alumnado que non asista a clase deberá realizar unha proba sobre
contidos da materia na que demostre que domina as ferramentas empregadas nas
aulas de informática, ademais dun exame sobre coñecementos impartidos nas aulas
de teoría onde responderá a preguntas sobre temas a desenvolver e problemas. Calendario de exames. Verificar/consultar de forma
actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/gl/docencia/exames |