Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10. Segunda oportunidade de avaliación continua: Nesta segunda oportunidade, as prácticas de laboratorio só representarán o 10% do peso da nota final, reservándose o 90% restante para a avaliación de problemas e/ou exercicios. Consideracións de avaliación global: O alumnado poderá optar a unha avaliación global que terá un peso do 100% da nota, tanto na primeira como na segunda oportunidade. Nesta proba valoraranse as competencias de toda a materia. Ábrese un prazo a partires dun mes dende o inicio da actividade docente para solicitar a RENUNCIA á avaliación continua. Dita solicitude entregarase escaneada coa sinatura do alumnado e subirase en formato pdf á plataforma MOOVI. Dita solicitude terá que ser confirmada polo profesorado da materia. Durante o presente curso NON se gardarán as cualificacións obtidas das prácticas de laboratorio de cursos anteriores nin das probas de seguimento, xa que se modifica a súa avaliación.
Calendario de exames. Verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://minaseenerxia.uvigo.es/é/docencia/examenes |