Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B1 |
Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social |
B2 |
Desenrolar os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral. |
B3 |
Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais. |
B4 |
Desenrolar a capacidade de organización, planificación e toma de decisións. |
B5 |
Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laboral, tributario e de Seguridade Social para prestar servicios de asesoría socio-laboral. |
B6 |
Planificar e organizar a prevención dos riscos laborais nas empresas. |
B7 |
Seleccionar e confeccionar os contratos de traballo adecuados a cada situación laboral. |
B8 |
Coñecer os dereitos e obrigas dos traballadores e das distintas frmas de extinción do contrato de traballo. |
C1 |
Asesorar ás PYMES no campo socio-laboral |
C2 |
Xestionar todas as cuestións relativas ó ámbito das Relacións Laborais |
C3 |
Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluidas as de economía social e os seus reximes xurídicos |
C4 |
Capacitar para xestionar os tributos relacionados co ámbito empresarial |
C5 |
Coñecer as obligacións das empresas en materia de Seguridade Social e os trámites pertinentes ante as entidades xestoras e colaboradoras |
C6 |
Identificar as competencias das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social na xestión de prestacións en España e na Unión Europea |
C7 |
Analizar a Seguridade Social dos traballadores que circulan no ámbito da Unión Europea |
C8 |
Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nos cadros do persoal |
C9 |
Tomar decisións e buscar solucións consensuadas a problemas complexos relativos á situción socio-laboral da empresa |
C10 |
Seleccionar as opcións estratéxicas de Recursos Humanos máis acomodadas ao entorno multidisciplinar da empresa |
C11 |
Elaborar plans de Recursos Humanos coherentes có obxectivo a acadar |
C12 |
Xestionar os procesos de negociación entre as partes da relación laboral co fin de acadar consensos e acordos |
C13 |
Coñecer as medidas de solución de conflictos ao alcance dos traballadores e empresarios e resolver cales resultan adecuadas en diferentes situacións |
C14 |
Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un Servizo de Prevención Propio e Alleo e xestionalo |
C15 |
Coñecer a resposta da Administración frente aos incumprimentos laborais e ser capaz de participar no procedemento administrativo sancionador |
C16 |
Xestionar as relaciósn laborais transfronteirizas e transnacionais tan frecuentes no sur de Galicia |