Os exames de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado, aprobado pola Comisión Académica Máster en Xestión e Dirección Laboral.
1ª CONVOCATORIA:
Os estudantes poderán optar por un dos seguintes sistemas de avaliación:
a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación continua, o estudante deberá acreditar a asistencia a un 80% das sesións presenciais. Para efectos de avaliación continua, consideraranse os aspectos seguintes: - Asistencia e participación activa do estudante nas sesións: 25% - Exercicios prácticos: 25% - Dúas probas tipo test: 50% (25 % cada unha delas).
As tarefas, todas obrigatorias, e proba de avaliación serán realizadas ao longo do correspondente período de docencia. A suxeición ao sistema de avaliación continua, mediante a realización de tarefas e proba escrita sinaladas, EXCLÚE A POSIBILIDADE DE SOMETERSE Ao SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL, salvo que os estudante comunique o contrario ao coordinador da materia antes da realización do exame final. b) Avaliación final. Aqueles estudantes que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha proba escrita, relativa a todos os contidos, teóricos e prácticos, da materia. Este exame representará o 100% da nota final.
2ª CONVOCATORIA:
Acudirán a convocatoria de xullo, aqueles estudantes que someténdose ao sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación final, non superaran a materia en primeira convocatoria. De optar polo sistema de avaliación continua, as notas alcanzadas na mesma conservaranse para a convocatoria de xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar polo sistema de avaliación final. |