Os/as alumnos poderán optar por un dos seguintes sistemas de avaliación: Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación continua, o/a
alumno/a deberá acreditar unha porcentaxe mínima de asistencia as sesións
presenciais. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de
avaliación final. Para superar a materia por avaliación contínua deben cumprirse tres condiciones: 1. Acreditar a asistencia ao 80% das sesións presenciais 2. Acadar alomenos un 25% da nota nas probas realizadas (examen de preguntas
de desenvolvemento, tipo test e resolución de problemas e/ou exercicios). 3. Obter alomenos 5 puntos na suma das metodoloxías de avaliación propostas. A suxexión ao sistema de avaliación continua, mediante a realización de
tarefas e proba escrita sinaladas, non exclúe a posibilidade de someterse ao
sistema de avaliación final b)Avaliación final. Aqueles alumnos que non se acollan ou que renuncien ao
sistema de avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final
consistente nunha proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e
prácticos, da materia. Dito exame representará o 100% da nota final. 2ª CONVOCATORIA (xuño/xullo): Acudirán a convocatoria de xullo, aqueles
alumnos que téndose sometido ao Sistema de avaliación continua ou ao sistema de
avaliación final, non superaran a materia en primeira convocatoria, así como
quen non se presentara. De ter optado polo Sistema de avaliación continua, as notas acadadas na
mesma conservaránse para a convocatoria de xuño/xullo. Agora ben, se o alumno
non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación
continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación
continua, ben optar polo sistema de avaliación final. OUTRAS INDICACIÓNS: O exame final terá lugar, nas distintas convocatorias,
na data, horario e lugar especificados no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Comisión Académica para o presente curso académico. As
cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da
Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao
estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os
métodos de avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións
publicaranse no mesmo soporte telemático. En todos os casos, as probas
realizadas permitirán avaliar o resultado de aprendizaxe. Observación: Cualquier evidencia
de tareas plagiadas o copiadas, total el parcialmente, supondrá una
cualificación de 0 en la resolución de los problemas y ejercicios |