Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Emprego público
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento sobre os distintos epígrafes ou subepígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de
coñecementos teóricos e prácticos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40% da nota final.
Non obstante, para poder ser avaliado polo sistema de avaliación continua, é preciso acadar como mínimo un 4 sobre 10 nesta proba.
40 A2
A4
A5
B1
B2
B5
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 20% da nota final. En ningún caso a
superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia.
40 A2
A4
A5
B1
B2
B5
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. A asistencia, participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así proceda, a realización de cuestionarios na plataforma faitic, a
asistencia a actividades formativas organizadas pola área de Dereito do Traballo e, en xeral, calquera actividade desenvolvida polo alumnado á marxe das probas obxectivas parciais e finais, serán
avaliados polo docente durante todo o cuadrimestre, tendo un valor sobre a cualificación final do 20%.
20 B1
B2
B5
C28
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA COMÚN MAIO/XUÑO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final).

DATA EXAMEN: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da facultade.

a) Avaliación continua. Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-, se permita xustificar a ausencia. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO TEST - EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE
Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚITMA PROBA. DE NON OBTERSE UN 4,  A
CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA,
AÍNDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE
APLICARÁ A MESMA REGRA.

b) Avaliación final. O estudantado que non se acollan ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final, computando o 70 % a parte teórica e o 30 % a parte práctica.

CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2ª oportunidade):

DATA EXAME :aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da facultade 

 Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xuño, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumando tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA
FIN DE CARREIRA:

DATA DE EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publcada na web da Facultade.

 Na convocatoria fin de carreira o estudantado será avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico e que representará o 100% da nota final (70 % parte teórica e 30 % parte práctica). 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000