Práctica de laboratorio |
Os contidos prácticos da materia serán avaliados nunha
proba/exame final. Trátase dunha proba/exame práctico
consistente na resolución, por escrito, dun suposto/caso práctico
no que o alumnado aplicará os coñecementos prácticos
adquiridos durante o cuadrimestre. A cualificación obtida nesta proba
suporá o 25 % da nota final. |
25 |
A2 A3 A4
|
B1 B2 B3 B5
|
C7
|
D2
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
A participación e intervención nas clases teóricas e prácticas, a
preparación dos supostos prácticos ou das sesións teóricas, cando así
proceda, a asistencia a actividades formativas organizadas pola Área
de Dereito do Traballo e, en xeral, calqueira actividade desenvolvida
polo alumnado ao marxe das probas obxectivas parciais e finais
serán avaliados polo docente durante todo o cuatrimestre, tendo un
valor sobre a cualificación final do 15%.
EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN FINAL OBTIDA NA
PARTICIPACIÓN EN CLASE E NAS PROBAS TIPO TEST POIDA SUMARSE
Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NAS PROBAS FINAIS DE RESPOSTA LONGA E DE CASO PRÁCTICO, NESTAS DÚAS ÚLTIMAS PROBAS DEBERÁ
ALCANZARSE UNHA NOTA MEDIA DE 4.00 SOBRE 10 POSIBLES. DE
NON SER ASÍ, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA EVALUACIÓN CONTINUA
NON SE TERÁ EN CONTA, AINDA QUE PODERÁ CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO QUE SE APRICARÁ A MESMA REGRA |
15 |
|
|
|
|
CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO/XUÑO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final) a) Avaliación continua. Ao comezo do curso, o alumnado deberá manifestar a súa vontade de someterse ao sistema de avaliación continua. Para poder optar por este sistema, deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases teóricas e prácticas.
En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. A participación activa nas clases é obrigatoria para poder seguir a avaliación continua. b) Avaliación final. Os alumnos que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun exame final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e práctico, sobre todos os contidos da materia e representará o 100% da nota final (60 por 100 a parte teórica e 40 por 100 a práctica)
CONVOCATORIA ORDINARIA DO MES DE XULLO:
Se o/o alumno/a non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de maio/xuño, a nota obtida na avaliación continua
desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xullo. Con todo, se non superase a materia nas dúas
citadas convocatorias do curso académico, o/o alumno/a tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica. Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único exame escrito, de carácter teórico e práctico e que
representará o 100% da nota final (60 por 100 a parte teórica e 40 por 100 a práctica). As datas de exame son aprobadas pola Xunta de Facultade e publicadas na web da Facultade. |