Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito social comunitario
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/exame final. Trátase
dunha proba teórica e escritura, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento
-curto ou medio- sobre os distintos epígrafes do programa. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40% da nota final.
40 A2
A3
A5
B1
B3
C7
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse 1 proba tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida no test suporá un 20% da nota final. En ningún caso a superación deste cuestionario liberará de materia de cara á realización do exame final. A data de celebración do test/cuestionario será fixada polo docente no cronograma da materia. 20 A3
A5
B1
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. As actividades
concretas obxecto de avaliación serán especificadas e explicadas polo
docente responsable o primero día da clase.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA COMÚN MAIO (sistema de avaliación continua/sistema de avaliación final).

a) Avaliación continua. Para poder optar por este sistema, o alumnado deberá acreditar asistencia ao 80 % das clases

teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-,

se permita xustificar a ausencia.

En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final.

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO

TEST-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE

DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE

UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A

CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA.

b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun

examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e

representará o 100% da nota final, computanto o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica).

CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade)

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua

desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non

superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que

representará o 100 % da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000