Na materia Dereito Procesal Laboral seguiranse dous sistemas de
avaliación, tanto na primeira convocatoria como na segunda: avaliación
continua ou exame final. 1º.- AVALIACIÓN CONTINUA. O sistema de avaliación continua consistirá en:
a) 2 probas teóricas tipo test, que se realizarán nas datas indicadas
na planificación docente que se proporcionará aos alumnos ao comezo de
curso; a nota media obtida nestas probas representará o 30 % da
cualificación final. b) Valorarase a asistencia e participación nas clases prácticas, o que representará un 15% da cualifiación final (asistencia mínima 80 por 100 das clases presenciais teóricas e prácticas) c) 1 proba práctica escrita, que se
realizará na data indicada na planificación docente e que representará o
25 % da cualificación final.
d) 1 proba teórica escrita, sobre toda a materia, que se realizará na
data fixada no calendario oficial de exames e que representará o 30% da
cualificación final. En calquera caso, para que se poida sumar as notas de avaliación continua e, polo tanto, entender superada a
materia, é necesario obter na proba final escrita (partes teórica e práctica) polo menos un 4 sobre 10 de media. Notas importantes:
a) Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o/a
alumno/a deberá realizar a proba teórica escrita, a proba práctica
escrita e, polo menos unha proba teórica tipo test.
b) Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non
superen a materia na primeira convocatoria, de face á segunda
convocatoria poderán optar por: - Que se lles manteña a
cualificación obtida nas probas tipo test (máximo un 30% da nota final) e a obtida durante o curso pola participación nas clases prácticas (máximo un 15% da nota final). Nese caso o exame
consistiría nunha proba teórica escrita sobre toda a materia, que
representará o 30% da cualificación final, e unha proba práctica escrita, que representará o 25% da cualificación final. Deberán obter polo
menos un 4 sobre 10 no examen final (de media entre as partes teórica e práctica) para poder sumar as notas de avaliación continua e así entender superada a materia. - Facer un exame final nos termos que se indican a continuación. 2º.- EXAME FINAL.
Os/as alumnos/as que decidan non seguir o sistema de avaliación
continua ou que non realicen as actividades necesarias para ser
evaludados conforme a este sistema, serán evaluados/as, tanto na
primeira como na segunda convocatoria, mediante un exame final, que se
realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que
representará o 100% da cualificación final. Devandito exame constará de: a) Unha proba práctica escrita consistente no estudo dun caso. Esta proba práctica representará o 40% da cualificación final. b) Unha proba teórica escrita sobre toda a materia, que representará o 60% da cualificación final.
Nota importante: para poder superar a materia a través do exame final,
o/a alumno/a terá que superar as dúas partes do exame. É dicir, terá que obter en cada parte. 3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA Na
convocatoria de fin de carreira, o/a alumno/a será evaluado mediante un
único exame escrito, de carácter teórico práctico (nos términos expostos
no apartado anterior) e que representará o 100% da nota final.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado pola Xunta de Facultade. |