Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Prevención de riscos laborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuatrimestre realizaranse 2 probas tipo test/cuestionarios sobre unha parte dos contidos teóricos da materia. A cualificación obtida en cada test suporá un 20% da nota final. En ningún caso a superación destes cuestionarios liberará de materia de cara á realización do exame final. As datas de celebración de cada test/cuestionario serán fixadas polo docente no cronograma da materia. 40 A2
B1
B2
B5
D4
Exame de preguntas de desenvolvemento Os contidos teóricos da materia serán avaliados nunha proba/examen final. Trátase dunha proba teórica e escrita, que incluirá entre 4 e 7 preguntas de desenvolvemento -breve ou medio- sobre os distintos epígrafes ou subepígrafes do programa. O alumnado deberá demostrar a adquisición de coñecementos teóricos da materia en respostas de extensión intermedia. A cualificación obtida nesta proba suporá o 40 %da nota final.
Non obstante, para poder ser avaliado polo sistema de avaliación continua, é preciso acadar como mínimo un 4 sobre 10 nesta proba.
40 A2
A4
B1
B2
B3
B5
C12
D4
Observación sistemática Avaliación continua das clases teóricas e prácticas. As actividades concretas obxecto de avaliación serán especificadas e explicadas polo docente responsable o primero día da clase. 20 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
C12
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA ORDINARIA (Sistema de avaliación continua/sistema avaliación final). 

DATA EXAMEN: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

a) Avaliación continua. Para poder optar ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia a un 80 % das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais -ej. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico-, se permita xustificar a ausencia.

b) En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. 

EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA  E NAS PROBAS TIPO TEST-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS- POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA. 

b) Avaliación final. O estudantado que non se acolla ao sistema de avaliación continua ou que renuncie, será avaliado nun

examen final. Trátase dunha proba escrita, de carácter teórico e de carácter práctico, sobre todos os contidos da materia e

representará o 100% da nota final, computanto o 70% a parte teórica e o 30% a parte práctica).

CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade)

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de xaneiro, a nota obtida na avaliación continua

desenvolvida durante o curso conservarase para a convocatoria do mes de xuño-xullo (2ª oportunidade). Porén, se non

superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumnado tería que someterse a un novo proceso

de avaliación continua, agás que opte pola avaliación final teórica e práctica.

CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:

DATA EXAME: aprobada na Xunta de Facultade e publicada na web da Facultade

Na convocatoria FIN DE CARREIRA o alumno será avaliado nun único examen escrito, de carácter teórico e práctico que

representará o 100 % da nota final (70% parte teórica e 30% parte práctica).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000