Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Regulación administrativa da economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Nos «Seminarios» das clases presenciais se proporá ao alumnado a realización de distintas actividades: casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc. Estas actividades só serán avaliadas para o alumnado que se someta a avaliación continua. Nestes Semianrios valorarase a participación activa, é dicir, a asistencia máis a participación de calidade. A mera asistencia al clases non se valora. 30 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C4
D1
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante as clases maxistrais, ao fío das explicacións, exporanse ao alumnado preguntas ou supostos de feito para desenvolver razoamentos ou deducións relacionados coa materia que se explica. Neste sentido avaliarase a asistencia activa do alumnado nas clases maxistrais, é dicir, a asistencia máis a participación activa calidade no seguimento das leccións da forma activa indicada. A mera asistencia non se valora. Se non se plantexasen preguntas nas sesións maxistrais, esta porcentaxe de avaliación acrecería ao das actividades específicas desenvolvidas nos seminarios. 10 A5
B2
B3
C4
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas O alumnado realizará uno o varios exames tipo test 20 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C4
D5
Exame de preguntas de desenvolvemento O alumnado realizará un exame teórico-práctico no que deberá expoñer, mediante respostas curtas, o réxime xurídico-administrativo aplicable a un suposto práctico 40 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C4
D1
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para participar na avaliación continua será requisito indispensable que o alumnado cubra todos os seus datos e suba unha fotografía do rostro recoñecible tamaño carné ná plataforma MOOVI antes de que conclúa o mes de febreiro. Transcurrido dito prazo non se admitirán cambios sobre a desisión de seguir ou non a valiación continua. 

Para avaliar a participación activa do alumnado é necesaria a asistencia a un mínimo do 85% das clases teóricas e prácticas. Para este único fin, farase un seguimento diario da asistencia. A presenza física en clase non é mérito algún (a mera asistencia contrólase, peronon non se valora). En consecuencia, asistir a clase por si só NON SE VALORA. O que sí valórase na avaliación continua é a asistencia activa (asistencia + participación)

A cualificación obtida na avaliación continua manterase na segunda convocatoria do curso académico.

Para superar a materia é preciso obter un aprobado entre o exame final de preguntas de desenvolvemento, o exame de preguntas obxectivas e a avaliación continua. 

A cualificación máxima que pode obterse no exame final de preguntas de desenvolvemento será de 4, sumándose á puntuación obtida no devandito exame á que correspondese na avaliación continua e a do exame de preguntas obxectivas. 

IMPORTANTE: Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible aprobar tanto o exame final de preguntas de desenvolvemento como o exame de preguntas obxectivas.

En todas as convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas (resolución de casos prácticos), e/ou probas de resposta curta, e/ou exame oral. Todo este tipo de probas serán de resposta mais ben curta e poderá consistir, no seu caso, no desenvolvemento da explicación dunha materia de forma pormenorizada. O que non se pedirá ao alumnado é o desenvolvemento total e méramente teórico dos contidos dun tema completo do programa.

Por acordo da Xunta de Facultade, o alumnado que non siga a avaliación continua ou que falte a máis dun 15 % das sesións presenciais (teóricas ou prácticas) terá dereito a realizar un exame final teórico-práctico para completar o 100% da nota no que se avaliará a adquisición de todas as competencias globais da materia.

Convocatoria extraordinaria fin de carreira: a) Tipo de exame: os/as estudantes realizarán un exame teórico-práctico sobre a totalidade dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: o 100% da calificación virá determinada polo resultado do exame teórico-práctico.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade e publicadas na Web: http://cienciasxuridicasedotraballo.webs.uvigo.es Non está permitido levar ao examen ningún dispositivo electrónico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000