- CONVOCATORIA ORDINARIA MAIO (SISTEMA AVALIACIÓN CONTINUA OU FINAL)
DATA EXAME: aprobada na Xunta da Facultade e publicada na web da Facultade a) Avaliación continua. Para poder optar ao este sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar asistencia ao 80% das clases teóricas e prácticas, sen que, salvo casos excepcionais (ex. enfermidades de longa duración verificadas con informe médico), se permita xustificar a ausencia. En caso contrario, sempre poderá acollerse ao sistema de avaliación final. EN TODO CASO, PARA QUE A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN DA OBSERVACIÓN SISTEMÁTICA E NAS PROBAS TIPO TES-EXAME PREGUNTAS OBXECTIVAS POIDA SUMARSE Á CUALIFICACIÓN OBTIDA NO EXAME DE PREGUNTAS DE DESENVOLVEMENTO, DEBERÁ ALCANZARSE UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 SOBRE 10 NESTA ÚLTIMA PROBA. DE NON OBTERSE UN 4, A CUALIFICACIÓN OBTIDA NA AVALIACIÓN CONTINUA NON SE TERÁ EN CONTA, PODENDO CONSERVARSE PARA A CONVOCATORIA DE XULLO, NA QUE SE APLICARÁ A MESMA REGRA b) Avaliación final. O estudantado que non se acollan ou que renuncien ao sistema de avaliación continua, serán avaliados nun exame final. Trátase dunha proba de carácter teórico e práctico sobre todos os contidos da materia e representará o 100% nota final. Neste caso, a parte teórica suporá o 70 por 100 da nota final e a parte práctica un 30 por 100.
- CONVOCATORIA ORDINARIA XUÑO/XULLO (2º oportunidade):
DATA EXAME: aprobada na Xunta da Facultade e publicada na web da Facultade Se o alumnado non superase a materia na convocatoria ordinaria do mes de maio, a nota obtida na avaliación continua desenvolvida durante o curso conservarase para convocatoria de xuño-xullo (2º oportunidade).Porén, se non se superase a materia nas dúas citadas convocatorias do curso académico, o alumno tería que somerterse a un novo proceso de avaliación continua, agás que obte pola avaliación final teórica e práctica.
- CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA:
DATA DE EXAME: aprobada na Xunta da Facultade e publicada na web da Facultade
Na convocatoria de fin de carreira o alumno/a será avaliado nun único exame escrito, teórico e práctico, que representará o 100 % da nota final (70 por 100 a parte teórica e 30 por 100 a parte práctica) |